Prazo de reclamacións 3 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación: do 21 ao 23 de xaneiro ámbolos dous incluídos.
As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas seleccionadas, non seleccionadas, a relación de persoas excluídas provisionais e o baremo provisional, mediante un escrito dirixido ao director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo de tres días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no citado portal da Internet. As alegacións así formuladas deberán remitirse despois da súa presentación oficial, co selo de rexistro, tamén por correo electrónico no citado prazo ao enderezo persoal.secundaria@edu.xunta.es