Convocatoria de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística


15 Xan, 2020

WEB  - Convocatoria para a realización de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística durante o curso 2019/2020

O prazo de presentación das solicitudes rematará o día 14 de febreiro de 2020

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convocan a participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Educación,Universidade e Formación Profesional durante o curso académico 2019/2020.

Participan os centros públicos admitidos no programa Proxectos de innovación educativa en dinamización Lingüística, no marco do Plan Proxecta, e tamén poden presentarse centros docentes de titularidade pública da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Ao abeiro desta convocatoria, seleccionaranse cinco proxectos, que terán a consideración de excelentes; cada un deles recibirá unha dotación económica de 2 000 euros.

O profesorado implicado activamente no desenvolvemento dos cinco proxectos seleccionados recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante.

RESOLUCIÓN da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convoca a participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional durante o curso académico 2019/2020 e se establecen as bases reguladoras para realizalos.