Curso en rede sobre o desenvolvemento da función DIRECTIVA e outros (homologados polo ministerio)


09 Xan, 2020

WEB - Convocatoria de prazas en concorrencia competitiva para a realización de cursos de formación en Rede para a formación permanente do profesorado que exerce en niveis non universitarios, en centros sostidos con fondos públicos

Para presentar correctamente a súa solicitude e que esta sexa válida, pode seguir as indicacións que se recollen no documento de INSTRUCCIÓNS. Ademais, para facilitar a súa presentación pode consultar este breve resumo sobre os DOCUMENTOS REQUERIDOS para a solicitude.

  • A Documentación acreditativa dos méritos alegados, conforme o disposto no Anexo II.
  • Certificación de estar en activo conforme ao Anexo III (modelo A)Anexo III (modelo B)
  • Declaración de compatibilidade, conforme ao Anexo IV
  • Certificación acreditativa de méritos alegados, conforme ao disposto no Anexo V

Prazo de presentación de solicitudes: desde o 09 de xaneiro de 2020 ás 00:00 ata o 28 de xaneiro de 2020 ás 23:59

Os cursos que podes realizar, son os seguientes:

  • El desarrollo de la función directiva
    • Convocatoria de 11.350 plazas para curso de formación permanente do profesorado, sobre o desenvolvemento da función directiva. Desenvolverase en dúas edicións diferenciadas. Os interesados so poderán solicitar un curso en cada unha das dúas edicións

As solicitudes presentaranse a través da Sede electrónica do Ministerio (Acceso ao servizo online), segundo consta na convocatoria.As solicitudes e escritos poderán presentarse en calquera das dependencias contempladas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas: ACCESO AO SERVIZO ONLINE