OPOSICIÓNS 2020 - Oferta de Emprego Público


31 Dec, 2019

DOG DECRETO 164/2019, do 12 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia.

O número de prazas que se convocan nesta oferta de emprego público relativas á taxa de reposición é de 902.

O número de prazas que se convocan nesta oferta de emprego público relativas á estabilización de emprego temporal é de 1.134.

Ademais das prazas de reposición de efectivos e de estabilización de emprego temporal a que se fai referencia nos artigos 2 e 3 deste decreto, ofertaranse 1.618  prazas de promoción interna.

Do total de prazas ofertadas para ingreso e acceso reservarase unha cota do 7 % do conxunto delas para seren cubertas por persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %