Resumo da Mesa Sectorial - Oferta de Emprego Público


03 Dec, 2019

WEB - Proxecto de decreto      /2019, do .... de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia.

SEGUEN SEN SER AS FORMAS (presentación e "venta" ante os medios de comunicación e a opinión pública) nin O FONDO ( "vendeuse mais de 3.000 prazas pero, son só 2.000 de acceso libre, o resto son de promoción interna).

Dende ANPE exiximos un estudo amplo e pormenorizado de todas e cada unha das especialidades valorando diversos factores tales como, número de interinos e antigüidade, anos sen convocatoria da especialidade, necesidades de servizo, xubilacións ...

Deste xeito poderíanse eliminar riscos innecesarios e gravemente perxudiciais para todo o colectivo implicado. 

RESUMO da MESA SECTORIAL

PROXECTO PRESENTADO POLA CONSELLERÍA