Resolución provisional dos centros seleccionados con Contratos-Programa


29 Nov, 2019

WEBResolución provisional pola que se fai pública a relación de centros con programas seleccionados, conforme o disposto no artigo 13 da Resolución do 7 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan os contratos-programa e se establecen as bases para a convocatoria e selección de plans dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes públicos de educación infantil, primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para o curso 2019/20.

O prazo de reclamacións ou renuncias, que deberán presentarse no enderezo electrónico programaseducativos@edu.xunta.es, remata o luns 9 de decembro.

Resolución provisional

Listaxe provisional de centros seleccionados