Volver

Galicia Xun 07, 2019

Resumo da Mesa Sectorial con Calendario Escolar, Asesorias e CAFI, Prazas de convenio e Atención Preferente


WEB - RESUMO DA MESA SECTORIAL onde se trataron os temas  de:

1. Proxectos de decretos que foron tratados na mesa anterior:

      Técnico superior en xestión de auga

       Profesional básico en Acceso e conservación en instalacións deportivas

2. Proxecto Orde CALENDARIO ESCOLAR 2019/20

3. Proxecto Orde convocatoria INTERCAMBIOS PROVISIONAIS

3. Proxecto Orde convocatoria Prazas de Atención Preferente

4. Proxecto Orde concurso asesorías FPROFE, CEFOREs e CAFI

5. Proxecto Orde concurso Prazas sometidas a Convenio

6. Proxecto Orde convocatoria concurso Prazas de persoal asesor

8. Rogos e Preguntas

 

- ANPE Galicia demanda de maneira URXENTE a apertura de negociacións para recuperar as 18 horas lectivas en Secundaria e as 21 horas lectivas para os de ensino primario.
- ANPE Galicia demanda o cobro dos meses de verán para os substitutos con máis de 5,5 meses traballados durante o curso xa que somos das poucas Comunidades que non o fan ou teñan pensado restituír esta medida. E aínda nos preocupa máis que non se lles teñan en conta como servizos prestados xa que deste xeito os substitutos galegos non compiten nos procesos selectivos en igualdade de condicións cos de outras comunidades.
- ANPE Galicia demanda novamente o cobro das cantidades detraídas das pagas extraordinarias desde o ano 2013 que ascenden a unhos 6000 euros por docente de media.
- Voltamos a insistir, dado que continúan os problemas para cubrir determinadas prazas por esgotarse os candidatos de algunhas listas, que se revisen e se faga unha previsión con tempo para a súa cobertura.

- Solicitamos a reunión da Comisión de Seguimento de Interinos para analizar as distintas casuísticas que se están a dar dentro do colectivo.
- Insistimos a Administración que se debe pedir claridade co tema dos materiais que  poden usar os opositores así coma a publicación a maior brevidade posible dos criterios de avaliación a utilizar para o seu mais inmediato coñecemento. Insistimos en que se traslade que é un CONCURSO-OPOSICIÓN.
- No tema referente a que o persoal laboral debe fichar nos centros pedimos que non se faga diferenciación dos docentes que imparten clases na nosa comunidade, que ningunha Comunidade Autónoma a nivel de todo o Estado está aplicando  norma algunha e que a Administración debe velar pola igualdade de trato de todo o profesorado que depende da súa tutela.
- Demandamos se publique a maior brevidade posible a Orde que regulará as titulacións para formar parte das listas de substitucións.

-  Recordamos desde ANPE a entrega do escrito solicitando de xeito urxente a convocatoria dunha Mesa Sectorial monográfica para tratar o tema do 0,25% da masa salarial.

 

 


#Acción sindical #Mesa sectorial

Volver