Volver

Galicia Feb 28, 2019

Regulación das probas de Avaliación Final da Educación Secundaria Obrigatoria


BOE - Orde EFP/196/2019, do 26 de febreiro, pola que se regulan as probas da avaliación final de Educación Secundaria Obrigatoria, para o curso 2018/2019.

A disposición final quinta da LOMCE, modificada polo Real Decreto-lei 5/2016, do 9 de decembro, establece que, ata a entrada en vigor da normativa resultante do Pacto de Estado social e político pola educación, a avaliación regulada no artigo 29 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación (LOE), terá un carácter muestral e finalidade diagnóstica. Avaliarase o grao de adquisición da competencia matemática, a competencia lingüística e a competencia social e cívica, tendo como referencia principal as materias xerais do bloque das materias troncais cursadas en cuarto de Educación Secundaria Obrigatoria. Esta avaliación carecerá de efectos académicos.

A vixencia da Orde ECD 65/2018, do 29 de xaneiro, pola que se regulan as probas da avaliación final de Educación Secundaria Obrigatoria, para o curso 2017/2018, exclusivamente para o devandito curso escolar, e o previsto na normativa de aplicación, obriga a aprobar unha nova orde para o actual curso académico.

No curso 2018/2019, as probas de avaliación final da Educación Secundaria Obrigatoria, realizaranse de acordo co previsto na Orde ECD/65/2018, do 29 de xaneiro, pola que se regulan as probas da avaliación final de Educación Secundaria Obrigatoria para o curso 2017/2018, incluídos os anexos correspondentes, de conformidade co disposto no Real Decreto-lei 5/2016, do 9 de decembro, de medidas urxentes para a ampliación do calendario de implantación da Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, coas modificacións que se establecen nesta orde.  ENLACE á Orde ECD/65/2018


#Centros #Avaliación

Volver