Recomendacións sanitarias a establecer nos centros educativos durante as xornadas presenciais


07 Mai, 2020

WEBRECOMENDACIÓNS SANITARIAS A ESTABLECER NOS CENTROS EDUCATIVOS DURANTE AS XORNADAS PRESENCIAIS E NOS PROCEDEMENTOS DE ATENCIÓN AO PUBLICO.

Por acordo do CECOP do 5 de maio (D.O.G do 6 de maio de 2020) establecéronse instrucións sobre presenza nos centros educativos para prestar atención aos procesos de admisión e outros procedementos que afectan á comunidade educativa, especialmente ao colectivo de nais e pais.

Deste modo, empregarase de xeito ordinario o teléfono e o correo electrónico entre o persoal e a cidadanía no centro educativo.

5) Dispensas de asistencia

o persoal que se inclúe coma grupo vulnerable é o que presenta algunha das seguintes dolencias ou situacións persoais: enfermidade cardiovascular/HTA; diabetes, enfermidade pulmonar crónica, inmunodeficiencia; cáncer en tratamento activo, maiores de 60 anos ou embarazo Previo o informe da dirección do centro e, unha vez acreditada a imposibilidade de realizar a adaptación do posto de traballo ou a dotación das proteccións necesarias no seu posto de traballo, o servizo sanitario do servizo de prevención de riscos laborais determinará a consideración do persoal como especialmente sensible e non terá que reincorporarse.

6) Gastos de funcionamento

As direccións dos centros educativos realizarán as compras precisas de material con cargo aos gastos de funcionamento do centro educativo para dar cobertura as necesidades das presentes recomendacións.

Dende ANPE esiximos un protocolo sanitario completo e específico para centros educativos galegos. So poderemos retornar aos centros cunha total garantía sanitaria.

ANPE solicita á administración galega o achegamento do material sanitario para tal fin e non cargar esta xestión sobre a mermada economía dos centros educativos e sobre os equipos directivos máis burocracia e papeleo.