Volver

Galicia Xul 12, 2018

Publicadas as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas no programa PIALE 2018


WEB - Publicadas as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas no programa PIALE 2018

Publícanse as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas no programa PIALE 2018

A exposición destas listaxes abre un prazo de cinco días hábiles para realizar reclamacións ou renuncias, que rematará o 19 de xullo de 2018.

Unha vez que a reclamación sexa remitida por calquera dos procedementos establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 2 de outubro , solicítase que se adiante, ademais, escaneada ao correo electrónico formaes@edu.xunta.es para axilizar a súa tramitación de cara á publicación das listaxes definitivas.

No caso de remitir a documentación por correo postal, deberase dirixir ao seguinte enderezo:

Servizo de Formación do Profesorado
D.X. de Educación Formación Profesional e Innovación Educativa
Consellería de Educación
EDif. Adm. San Caetano
San Caetano s/n
15781 Santiago de Compostela

 


#Plurilingüismo #Plans e Programas

Volver