Volver

Galicia Out 10, 2019

Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PIALE) - Resolución definitiva


DOG ORDE do 2 de outubro de 2019 pola que se resolve definitivamente a convocatoria de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE), para o ano 2019.

Contra esta resolución as persoas interesadas poden interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

 


#Docentes #Plans e Programas

Volver