Volver

Galicia Ago 08, 2019

OPOSICIÓNS 2018 Catedráticos de música - Nomeamento como Funcionarios de carreira


BOEOrde EFP/867/2019, do 29 de xullo, pola que, a proposta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Comunidade Autónoma de Galicia, noméanse funcionarios de carreira do Corpo de Catedráticos de Música e Artes Escénicas, nas especialidades vinculadas aos ensinos superiores de música, aos seleccionados no procedemento selectivo convocado por Orde do 20 de marzo de 2018.

Primeiro. Nomear funcionarios de carreira do corpo de catedráticos de Música e Artes Escénicas, aos seleccionados no procedemento selectivo convocado por Orde do 20 de marzo de 2018, que aparecen relacionados no anexo a esta orde, con indicación do Número de Rexistro de Persoal, especialidade e puntuación que lles corresponde.

Segundo. Os nomeados a través da presente Orde consideraranse ingresados como funcionarios de carreira corpo de catedráticos de Música e Artes Escénicas, con efectos do 1 de setembro de 2019.

Terceiro. A presente Orde poderá ser recorrida potestativamente en reposición, no prazo dun mes e ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.


#Oposicións #Catedrátic@s

Volver