Volver

Galicia Out 24, 2019

OPOSICIÓNS 2018 Catedráticos de música - Modificación do persoal que superou o acceso


DOGRESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2019 pola que se modifica a Resolución do 4 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a relación de persoal aspirante que superou o procedemento de acceso ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas, nas especialidades vinculadas ás ensinanzas superiores de música, convocado pola Orde do 20 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia do 16 de abril).

Logo de estimado o recurso de alzada que formulou Pablo Guillermo Ruibal Armesto, DNI ***7125**, en relación co procedemento selectivo convocado pola Orde do 20 de marzo de 2018 pola que se convocou o procedemento de acceso ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas, nas especialidades vinculadas ás ensinanzas superiores de música, esta dirección xeral 

RESOLVE:

Primeiro. Modificar a Resolución do 4 de setembro de 2018 (DOG do 18 de setembro) pola que se fai pública a relación do persoal aspirante que superou o procedemento de acceso ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas, nas especialidades vinculadas ás ensinanzas superiores de música convocado pola Orde do 20 de marzo de 2018, incluíndo nesa relación a: 

Especialidade: 039 Historia da Música

Nº orde: 4

Apelidos e nome: Ruibal Armesto, Pablo Guillermo

DNI: ***7125**

Acceso: 03

Punt. total: 6,2191

Debe incluírse na lista desta especialidade, co número de orde 4, a continuación de José Crisanto Gándara Eiroa.

Segundo. O disposto no punto anterior supón que a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adoptará as medidas necesarias para que a consellería propoña, con efectividade do 1 de setembro de 2019, ao Ministerio de Educación e Formación Profesional o nomeamento como funcionario de carreira do corpo de catedráticos de música e artes escénicas, especialidade Historia da Música, de Pablo Guillermo Ruibal Armesto, DNI ***7125**.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes contado desde o día seguiente ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación.


#Oposicións #Catedrátic@s

Volver