Novas instruccións a equipos directivos de presenza en centros


22 Mar, 2020

DOGRESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), do 21 de marzo de 2020.

Nos centros educativos de todos os niveis de ensino non universitario de máis de seis unidades permanecerá, a partir do luns 23 de marzo, unha persoa do equipo directivo do centro o tempo que considere preciso para atender ao alumnado e as familias, así como para a verificación do funcionamento das infraestruturas tecnolóxicas do centro e do estado do propio edificio educativo.

Dende ANPE insistimos: TOD@S  NA CASA como se fai na maioría de comunidades autónomas.

Ante a publicación, hoxe domingo 22, de novas instrucións de permanencia nos centros educativos dos equipos directivos, ANPE insiste en que tod@s deberían permanecer na súa casa localizables únicamente para casos de urxencia.

De xurdir unha urxencia, a nadie lle cabe a menor dúbida de que os membros dos equipos directivos estarían os primeiros para subsanala; non fai falla que se siga coa rebaixa de tempo nos centros e se recoñeza dunha vez o incumprimento das medidas do RD de Estado de Alarma recollidas no artº 9:  "Medidas de contención en el ámbito educativo y de la formación.

1. Se suspende la actividad educativa presencial en todos los centros y etapas, ciclos, grados, cursos y niveles de enseñanza contemplados en el artículo 3 de la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación, incluida la enseñanza universitaria, así como cualesquiera otras actividades educativas o de formación impartidas en otros centros públicos o privados.

2. Durante el período de suspensión se mantendrán las actividades educativas a través de las modalidades a distancia y «on line», siempre que resulte posible".