Volver

Galicia Set 30, 2019

Módulos formativos liberados ou con prazas vacantes no réxime para as persoas adultas


WEBMódulos formativos liberados ou con prazas vacantes no réxime para as persoas adultas

O prazo de matrícula en módulos de formación profesional con prazas vacantes será desde as 9:00 horas do día 1 de outubro ata as 13:00 horas do día 4 de outubro de 2019.

Para matricularse nun módulo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para as ensinanzas correspondentes.

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes. A matrícula realizarase por orde de chegada.

Para solicitar a matrícula en módulos do réxime para as persoas adultas con prazas liberadas empregarase o ANEXO II.

A matrícula en calquera ciclo con prazas vacantes implica a renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas.


#Centros #Formación Profesional

Volver