• Noticia destacada

Medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico polo coronavirus


16 Mar, 2020

DOG - RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19.

Nos centros educativos de todos os niveis de ensino non universitario de máis de seis unidades permanecerá en réxime de quendas só unha persoa do equipo directivo do centro das 10.00 ás 13.00 horas.

ANPE mostra o seu total desacordo e seguirá insistindo: Todos os docentes na casa!

 

**OPOSICIÓNS 2020: Entendemos que se paraliza o prazo de matrícula nos procedementos selectivos tal e como se recolle na punto sétimo da resolución:

Sétimo

Suspéndense os termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o presente acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste. 

A suspensión de termos e a interrupción de prazos aplicaranse a todo o sector público definido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Entendemos que se adiada ata que remate o Estado de Alerta e así se pode comprobar ao intentar crear unha instancia a instrucción é clara: Non está aberto o prazo de solicitude de instancias