• Noticia destacada

CXT 2019/20 - Resolución provisional do corpo de MESTRES e corpos de PES, PTFP, EOI, música, EEAA e Inspección


06 Feb, 2020

WEB - Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve provisionalmente o concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación.

O prazo para alegacións e renuncias é de 10 días hábiles, comenzando o día 07/02/2020 e rematando o 20/02/2020, ambos incluídos, preme aquí:  ENLACE ao CXT

Resolución provisional primaria

Resolución provisional secundaria

Listaxe de persoas excluídas primaria

Listaxe de persoas excluídas secundaria

Contra esta resolución provisional, segundo o establecido na base vixésimonovena da Orde do 8 de outubro de 2019, cabe reclamación no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación na citada páxina web. O prazo de renuncias será o mesmo que o establecido para as reclamacións. Non obstante, serán admitidas as reclamacións e renuncias presentadas con anterioridade.

As reclamacións e renuncias poderanse presentar polos procedementos a que alude a base vixésimo segunda  ENLACE ao CXT e remitiranse ademais por correo electrónico, dentro do prazo establecido, aos enderezos seguintes: no caso do corpo de mestres a persoal.primaria@edu.xunta.gal e no caso dos restantes corpos a persoal.secundaria@edu.xunta.gal