• Noticia destacada

CXT 2019/20 - Resolución definitiva do corpo de MESTRES e corpos de PES, PTFP, EOI, Música, EEAA e Inspección


08 Mai, 2020

DOGRESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados entrepersoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller deartes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de Educación, convocado pola Orde do 8 de outubro de2019 (Diario Oficial de Galicia número 200, do 21 de outubro).

- Profesorado en situación de expectativa de destino o persoal funcionario dos corpos docentes que se relacionan no anexo II.

- Cuarto. No caso de que ata o 31 de agosto deste ano resulten suprimidos postos detraballo adxudicados pola presente resolución e co obxecto de determinar cal é o profesorado afectado pola dita supresión, observarase o disposto no artigo 3 do Decreto 140/2006, do 31 de agosto, polo que se determinan os criterios de perda do destino definitivo.

- Tamén se poderán declarar anulados os destinos adxudicados que estean afectados pola estimación de recursos derivados desta resolución. O profesorado afectado e que participa como forzoso quedará na situación de suprimido con dereito preferente á localidade/zona en que se lle anula o posto de traballo obtido.

- A toma de posesión dos novos destinos adxudicados, que se realizará na xefatura territorial correspondente, terá efectividade administrativa do 1 de setembro de 2020, polo que o cesamento nos centros anteriores se expedirá con efectividade do 31 de agosto de 2020. Non obstante, o profesorado que obtivese destino neste concurso deberá permanecer no seu centro de orixe ata que conclúan as actividades imprescindibles previstas para a finalización do curso.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo que sexa competente, de acordo co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

 Porén, segundo o establecido na disposición adicional terceira do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, o prazo para a presentación dos anteditos recursos iniciarase, se for o caso, no momento en que perda vixencia o acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste.