Volver

  • Noticia destacada

Galicia Mar 20, 2019

CXT 18/19 Resolución Provisional do Corpo de MESTRES


WEB - Publicación da Resolución Provisional do CXT do Corpo de MESTRES

Ministerio: Resolución provisional alfabética 

Ministerio: Resolución provisional por puntuación 

Ministerio: Resolución provisional 2018/2019 DPC 

Ministerio: Resolución provisional 2018/2019 DPL 

Baremo da Resolución provisional primaria 2018/2019 

 De acordo co establecido na base vixésimo novena da Orde do 15 de outubro de 2018 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes aplicadas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación (DOG núm. 208, do 31 de outubro), o persoal concursante poderá formular reclamación á resolución provisional no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da adxudicación de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Igualmente, e no mesmo prazo, o persoal concursante poderá presentar renuncia a súa participación no concurso.

O persoal docente que desexe renunciar á súa participación no concurso deberá formular a súa renuncia aínda no suposto de que non obtivese destino na resolución provisional, xa que, de non facelo, podería obter destino na resolución definitiva.

O prazo para fomular reclamacións e renuncias é o comprendido entre o día 21 de marzo e o 3 de abril ambos incluídos.

As ditas reclamacións e renuncias presentaranse polos procedementos aos que alude a base vixésimo segunda e, en todo caso, unha vez rexistradas, adiantaranse por correo electrónico a: persoal.primaria@edu.xunta.gal

Resolución da adxudicación provisional de primaria

Listaxe da adxudicación provisional primaria

Listaxe provisional de persoas participantes excluídas primaria

ENLACE ao CXT

 


#Mobilidade do Profesorado #Concurso de Traslados

Volver