Volver

Galicia Xan 08, 2019

Curso de actualización para o desenvolvemento da función directiva


DOG - RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca o Curso de actualización para o desenvolvemento da función directiva.

Resolución do 20 de decembro de 2018

Primeiro. Que no portal web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (www.edu.xunta.gal) estará dispoñible a Resolución do 20 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca o Curso de actualización para o desenvolvemento da función directiva.

Segundo. Que o prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Que a presentación e xestión de solicitudes de participación se realizará a través da plataforma de formación do profesorado FProfe: https://www.edu.xunta.es/fprofe

A Lei orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, modificou o artigo 134.1 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, incluíndo entre os requisitos para poder participar no concurso de méritos para a selección de directores e directoras de centros públicos "estar en posesión da certificación acreditativa de ter superado o curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva".

Este curso de formación proporcionará as competencias xenéricas e especificas para o desenvolvemento da función directiva, e as súas características quedaron recollidas e reguladas polo Real Decreto 894/2014, do 17 de outubro, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Nel se recolle, na disposición transitoria única, respecto da participación nos procedementos selectivos de dirección de centros públicos, a suficiencia do curso de actualización de competencias directivas para quen estea en posesión de habilitacións ou acreditacións de dirección de centros públicos expedidas con anterioridade á data de entrada en vigor da Lei Orgánica 8/2013, e para quen se atopase ocupando postos de director ou directora en centros docentes públicos á data de entrada en vigor da Lei Orgánica 8/2013 ou durante os cinco anos seguintes.

Prazas

A Coruña: 75

Lugo: 50

Ourense: 50

Pontevedra: 75

O curso terá unha duración de 75 horas que se desenvolverán en rede, a través de Platega (https://www.edu.xunta.es/platega2), contando tamén con sesións presenciais que se realizarán de xeito centralizado. A súa temporalización está prevista para os meses de xaneiro a marzo de 2019, e constará de sete módulos temáticos, que será preciso superar para obter a certificación. Quen, resultando admitido, estea en posesión dun máster ou título de posgrao de carácter oficial sobre a dirección e xestión de centros docentes quedará exento da realización e avaliación de todos os módulos troncais, agás o referido ao Proxecto de dirección.

 


#Centros #Equipos Directivos

Volver