Volver

Galicia Out 02, 2018

Convocatoria para listas de interinidades e substitucións no corpo de catedráticos de música e artes escénicas


DOGRESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica o anuncio da convocatoria dun procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas.

Que no portal da internet da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, www.edu.xunta.gal, estará dispoñible a convocatoria dun procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas. 

Que o prazo de presentación de instancias será de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Que as persoas interesadas deberán formular unha solicitude e un aboamento de taxas por cada unha das especialidades nas que desexe inscribirse. Con elas deberán achegar unha copia compulsada da documentación xustificativa dos requisitos mínimos previstos na base segunda e da documentación acreditativa daqueles méritos que aleguen susceptibles de valoración segundo o previsto na base novena. 

Resolución do 20 de setembro de 2018

Modelo de solicitude

Modelo de alegación de méritos

 


#Bolsas de Traballo #Interinos

Volver