Volver

Galicia Set 17, 2019

Convocatoria para acreditar centros, persoa coordinadora e titoras para o prácticum de PTFP


DOG RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao curso de especialización en Formación Pedagóxica e Didáctica do profesorado técnico en formación profesional, na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2019/20.

O obxecto da presente resolución é abrir o procedemento para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o curso 2019-20 para o desenvolvemento do curso de especialización en Formación Pedagóxica e Didáctica do profesorado técnico de formación profesional (en diante, curso de especialización FP) e que permitirá ao alumnado que o curse a súa iniciación na práctica docente directa, ademais de coñecer os aspectos pedagóxicos, organizativos e de funcionamento dos centros co apoio e baixo a tutela de profesorado en exercicio que reúnen as características e preparación adecuadas.

-  Os centros educativos que desexen ser designados como centros de prácticas deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Aprobación do claustro de profesores, para colaborar co prácticum.

b) Incorporación na programación anual da participación do centro no desenvolvemento das actividades de titoría do alumnado do prácticum, autorizando a súa presenza e participación nas actividades do centro docente e asumindo, por parte do equipo directivo e da persoa coordinadora do prácticum do centro, a responsabilidade de supervisión do seu desenvolvemento e a interlocución coas persoas responsables do prácticum na universidade.

- Á persoa titora corresponderalle a tutela dun máximo de tres alumnos e/ou alumnas en prácticas.

 O profesorado que desexe ser designado como persoa titora de prácticas deberá contar, polo menos, con dous anos de experiencia e mesmo cando se divida o prácticum en diferentes fases, a persoa titora será a mesma durante todo o proceso.

- A persoa directora do centro ou, por delegación súa, a persoa encargada da xefatura de estudos ou, excepcionalmente, unha das persoas titora das prácticas, exercerá as funcións de persoa coordinadora das prácticas.

- Solicitude e Prazo

Os centros e persoas, coordinadoras e titoras, que desexen acreditarse para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao curso de especialización FP deberán solicitar a súa alta á dirección do centro que rexistrará todos os interesados, na aplicación Xade seguindo o itinerario: <Datos profesionais>Traballo no centro>>, onde existirán dúas opcións: << Coordinador prácticum curso especialización FP>> e <>. 

O prazo de presentación das solicitudes dará comezo o día seguinte ao da súa publicación e terán quince (15) días hábiles de prazo de solicitude, en que se pechará a aplicación Xade. Non poderán a partir desta data, introducir máis centros e persoas titoras e coordinadoras nela. As persoas interesadas disporán de cinco (5) días hábiles para realizar as alegacións que se consideren ás listas publicadas no portal educativo no correo formacion.fprofe@edu.xunta.es.

Cada centro terá un só coordinador, que será o director do centro, ou por delegación súa, a persoa encargada da xefatura de estudos ou, excepcionalmente, unha das persoas titoras de prácticas.

Ademais, a persoa directora do centro, ou, por delegación súa, a persoa encargada da xefatura de estudos, ou da secretaría asinarán e remitirán ao enderezo formacion.fprofe@edu.xunta.es, unha listaxe coas persoas que participan, e que poderán obter directamente da aplicación Xade.


#Centros #Formación Profesional

Volver