Convocatoria do Proxecto Digicraft no teu cole dentro do Plan Digitalent


07 Set, 2019

DOG - RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2019 pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto Digicraft en tu Cole no marco do Plan Digitalent durante o curso 2019/20.

Na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (www.edu.xunta.gal) estará dispoñible a CONVOCATORIA de selección de centros para participar no proxecto Digicraft en tu Cole no marco do Plan Digitalent durante o curso 2019/20.

prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de setembro de 2019 (inclusive).

Os centros deberán cubrir a solicitude que figura como anexo da convocatoria e poderán presentala en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ademais, remitirase copia da solicitude e da documentación ao correo electrónico
digicraft@edu.xunta.es segundo os prazos establecidos.

ANEXO I en PDF 

ANEXO I editable