• Noticia destacada

Convocatoria ACCESO aos corpos de CATEDRÁTICOS de secundaria, de artes plásticas e deseño e de EOI


22 Xun, 2020

DOGORDE do 4 de xuño de 2020 pola que se convoca procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas.

a) Posuír o título de doutoramento, licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou título de grao correspondente, ou titulación equivalente para os efectos de docencia no correspondente corpo e especialidade.

b) Pertencer ao corpo que se pretenda acceder.

c) Posuír unha antigüidade mínima de oito anos como persoal funcionario do corpo ao que se accede.

d) Non ser persoal funcionario de carreira, en prácticas ou estar pendente do correspondente nomeamento do corpo de catedráticos a que se pretende acceder.

e) Ter destino, definitivo ou provisional, no ámbito de xestión da Consellería de Educación, Universidade e FP.

Terceira. Forma de participación

No suposto de participar no concurso de méritos por máis dunha especialidade do mesmo corpo presentarase unha solicitude por cada especialidade.

A solicitude (anexo I) cubrirase de forma electrónica accedendo a seguinte ligazón: www.edu.xunta.es/oposicions/.

Para alegar os méritos que non consten na base de datos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional poderá facelo accedendo á páxina web: www.edu.xunta.es/datospersoais/

No suposto de que teña a puntuación máxima no concurso e, de faltarlle méritos no seu expediente, resulta conveniente que os alegue xa que no apartado 8.3.d) da convocatoria establécese como último criterio de desempate "Os criterios establecidos anteriormente, a), b) e c) pola orde na que aparecen no anexo II sen os límites máximos de puntuación establecidos en cada caso"

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles (do 23 ao 14 de xullo) computados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

3.7.1. Coa solicitude (anexo I) deberanse achegar os seguintes documentos:

a) A folla de alegación de méritos que xera a aplicación informática, de ser o caso.

b) Copia da documentación acreditativa dos méritos alegados a que se fai referencia na base 3.4. A dita documentación deberá entregarse numerada e ordenada segundo a orde que figura na folla de alegacións que xera a aplicación informática.

c) Copia da folla de alegación de méritos que xera a aplicación informática correspondente aos méritos alegados nas subpepígrafes 3.2.1 e 3.2.4, de ser o caso.

d) Xustificación de ter un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, unicamente no caso de non estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia ou opoñerse á súa comprobación automática.

e) Xustificación de ser membro de familia numerosa de categoría xeral ou especial, unicamente no caso de non estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia ou opoñerse á súa comprobación automática.

Os códigos que se deben empregar son os seguintes:

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional: código 07.

Delegación de servizos centrais: código 13.

Servizo de Secretaría Xeral: código 01.

Taxa denominación: inscrición nos procesos de selección de persoal de Administración xeral da Comunidade Autónoma: código 300302.

Dereitos de inscrición: 43,40€