Concurso público de méritos para cubrir postos de dirección dos CEFORE e asesorías de CEFORE e CAFI


13 Xun, 2018

DOG - RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica o anuncio da convocatoria de concurso público de méritos para cubrir postos de dirección dos centros de formación e recursos e asesorías do Servizo de Formación do Profesorado, do Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos centros de formación e recursos.

Corrección de erros: Orde do 6 de xuño de 2018

De acordo co previsto no artigo 10.3 do Decreto 74/2011, do 14 de abril, polo que se regula a formación permanente do profesorado que imparte as ensinanzas establecidas na Lei orgánica de educación (LOE), en centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos resolve anunciar:

Primeiro. Que no portal da internet da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, www.edu.xunta.es, estará dispoñible a convocatoria de concurso público de méritos para cubrir postos de dirección dos centros de formación e recursos e asesorías do Servizo de Formación do Profesorado, do Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos centros de formación e recursos.

Segundo. Que o prazo para a presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Que as persoas que desexen participar no concurso deberán cubrir a solicitude que figura como anexo I da convocatoria, dirixida á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e presentala, coa documentación a que fan referencia os artigos 4 e 5 da orde de convocatoria, da forma que se indica no seu artigo 6.

ENLACE á web para participar