Volver

Galicia Set 18, 2019

Ciclos formativos liberados ou con prazas vacantes de grao medio


WEB Ciclos formativos liberados ou con prazas vacantes de grao medio

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional de grao medio con prazas vacantes desde o día 18 ás 9:00 horas ata o día 20 de setembro ás 13:00 horas.

Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para ás ensinanzas correspondentes.

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes. A matrícula realizarase por orde de chegada.

- Para solicitar a matrícula en ciclos do réxime ordinario con prazas liberadas empregarase o ANEXO I

- Para solicitar a matrícula en módulos do réxime para as persoas adultas con prazas liberadas empregarase o ANEXO II.

A matrícula en calquera ciclo con prazas vacantes implica a renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas.


#Centros #Formación Profesional

Volver