Volver

Galicia Set 25, 2019

CADP 2019 - Disposición Adicional con respecto á Lista de Orientación Mestres


DOGORDE do 24 de setembro de 2019 pola que se engade unha disposición adicional a Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de Educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou conselleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (código de procedemento ED002B).

No artigo 13.f) da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional ... 

... estableceuse que a ordenación da lista de Orientación se realizará pola data de acceso á primeira interinidade ou substitución dunha especialidade do corpo de mestres. No suposto de que dúas ou máis persoas interinas accederan á primeira interinidade ou substitución na mesma data, se pertencen á mesma lista, a ordenación realizarase pola orde que posúan na dita lista e, no caso de que formen parte de distintas listas, a ordenación realizarase pola orde alfabética dos apelidos.

A Orientación non é unha especialidade do corpo de mestres. Porén, resulta razoable que para os efectos da cobertura das prazas de Orientación do corpo de mestres se teña en conta, ademais da data de acceso á primeira interinidade ou substitución dunha especialidade do corpo de mestres, a data de acceso ao desempeño dunha praza de Orientación e que, para os supostos nos que haxa dúas datas, se opte pola máis favorable para as persoas interesadas.

«Disposición adicional sexta

Para os únicos efectos do establecido no artigo 13.f) da presente orde, considerarase a orientación unha especialidade do corpo de mestres».


#Mobilidade do Profesorado #Destinos Provisionáis

Volver