Volver

  • Noticia destacada

Galicia Set 10, 2019

CADP 2019 - Adxudicación definitiva de destinos provisionais do Corpos de SECUNDARIA


WEBAdxudicación definitiva dos destinos provisionais para o próximo curso académico 2019/2020 ao persoal docente (secundaria)

Listaxe adxudicación definitiva secundaria por orde alfabética

Listaxe adxudicación defintiva secundaria (por orde adxudicación)

Resolución do 10 de setembro de 2019: Adxudicación definitiva secundaria

De conformidade co disposto no citado artigo 41 da Orde do 7 de xuño de 2018, o persoal adxudicatario tomará posesión no centro educativo de destino e incorporarase con efectividade económica e administrativa da data fixada para o inicio da impartición efectiva das clases, o 16 de setembro de 2019, agás no suposto de que o nomeamento ou toma de posesión se efectúe con posterioridade.

No caso das comisións de servizo os efectos serán do día 16 de setembro de 2019, sen prexuízo de que as comisións de servizo do profesorado que proceda de fóra da Comunidade Autónoma e do procedente do estranxeiro poderían ter efectividade do 1 de setembro de 2019.

Para o persoal en prácticas e o persoal interino sen nomeamento en vigor, os efectos económicos e administrativos serán do día 16 de setembro de 2019.

Sen prexuízo do previsto nos parágrafos anteriores, para o persoal docente interino que tivera nomeamento en vigor a 16 de setembro de 2019, os efectos da toma de posesión serán do 17 de setembro de 2019.

Terceiro. Os nomeamentos serán remitidos ao seu enderezo de correo electrónico.

Contra esta resolución, que lle pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

 


#Mobilidade do Profesorado #Destinos Provisionáis

Volver