Volver

  • Noticia destacada

Galicia Ago 01, 2019

CADP 2019 - Adxudicación Definitiva de destinos do Corpo de MESTRES


WEBAdxudicación definitiva dos destinos provisionais para o próximo curso académico 2019/2020 ao persoal do corpo de mestres que non teña destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, ao que resulte desprazado por falta de horario, ao que se lle conceda unha comisión de servizos por concellería, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino ou substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo.

Resolución definitiva(primaria)

Adxudicación definitiva alfabética (primaria)

Adxudicación definitiva por orde de adxudicación (primaria)

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular con carácter potestativo un recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado contencioso- administrativo que resulte competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.


#Mobilidade do Profesorado #Destinos Provisionáis

Volver