Bacharelato de excelencia en Ciencia e Tecnoloxía (STEMbach) para o curso 2020/21


08 Xun, 2020

DOGRESOLUCIÓN do 26 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o bacharelato de excelencia en Ciencia e Tecnoloxía (STEMbach) para o curso 2020/21.

Para o obxecto de regular a continuidade, implantación e organización do bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach) na Comunidade Autónoma de Galicia, así como a convocatoria dirixida aos centros que desexen impartilo:

Primeiro. Que na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (http://www.edu.xunta.gal/portal) estará dispoñible a convocatoria pola que se regula o bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), para o curso 2020/21.

Segundo. Que o prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Que os centros deberán cubrir a solicitude que figura no anexo I da convocatoria e dirixila á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.