Volver

Galicia Out 30, 2019

ANPE xunto co resto de OOSS da Mesa Sectorial consegue A REUNIÓN CONXUNTA coa conselleira


WEB - ANPE xunto co resto de OOSS presentes na Mesa Sectorial consegue a REUNIÓN CONXUNTA coa conselleira 

O Secretario Xeral Técnico e o Director Xeral de Centros e Recursos Humanos acaban de comunicarnos‬ que a conselleira nos recibiría na semana que vén ás catro organizacións sindicais por separado.
Os catro sindicatos mostramos o noso total rechazo e posto que a conselleira ten a axenda aberta para 4 reunións esiximos ser recibidos nunha REUNIÓN CONXUNTA, tal e como solicitamos, posto que A PETICIÓN É COMÚN.

Despois da esixencia por parte das organizacións sindicais de ser recibidos unitariamente o Secretario Xeral Técnico e o Director Xeral de Centros e Recursos Humanos acaban de comunicarnos‬ que a conselleira nos recibirá na semana que vén ás catro organizacións sindicais.

Dende ANPE, co voso apoio, seguiremos ata CONSEGUIR A REDUCCIÓN DO HORARIO LECTIVO DO PROFESORADO tal e como xa se fixo noutras comunidades autónomas.


#Acción sindical #Novas

Volver