Volver

Galicia Set 02, 2018

ANPE reclama unha ampla oferta de emprego público docente no 2019


NP_ ANPE, ante a inminente negociación dos presupostos do próximo ano en Galicia solicita, para 2019, unha importante convocatoria de prazas nas oposicións docentes na nosa comunidade autónoma xa que non é posible afrontar o mesmo ou superior  volume de traballo nos centros cunhas plantillas cada vez máis mermadas.

A convocatoria de oposicións de 2019 debe posibilitar o ingreso dos xoves titulados e dos interinos e substitutos á docencia mediante un emprego estable como funcionarios. Nunha situación de desemprego e de crise, ANPE esixe unha  aposta por un ensino público de calidade, xa que é a mellor inversión que as Administracións poden facer para intentar saír da mesma.  

   Reclamamos tamén, desde ANPE, un rápido pronunciamento sobre a oferta de emprego de 2019 e das especialidades a convocar, xa que son moitos miles de opositores os que están pendentes de coñecela o antes posible co  fin de clarificar o seu futuro laboral máis inmediato.

 


#Acción sindical #Notas de Prensa

Volver