ANPE esixe na videoconferencia coa Conselleira aclaracións, respostas e instruccións claras


23 Abr, 2020

WEB ANPE esixe na videoconferencia coa Conselleira aclaracións a todas as dúbidas xeradas co aprazamento das oposicións ao 2021 e a publicación de instrucións claras e detalladas sobre o que resta de curso escolar.

ANPE presentou na mesma unha serie de peticións  e  propostas, así como, aclaracións as múltiples dubidas trasladadas por o profesorado.

Na reunión que a  Conselleira de Educación mantivo a través de videoconferencia con un representante de cada organización sindical e un representante de cada confederación de AMPAS na tarde de hoxe, xoves 23 de abril,  ANPE Galicia lamentou que non se tivera en conta en ningún momento aos lexítimos representantes dos traballadores do eido educativo á hora de acordar medidas que afectan directamente ás súas condicións de traballo xa que a reunión foi meramente informativa por parte da Administración. Desde a nosa organización criticamos abertamente o escurantismo e o proceder unilateral da Consellería de Educación na súa xestión na crise sanitaria actual. Destacar que a reunión foi un calco da intervención da Conselleira na Comisión de Educación de onte no parlamento .

Unha vez feita esta crítica inicial, desde ANPE Galicia consideramos que hai unha serie de puntos fundamentais que consideramos que seguen sen aclararse tras a xuntanza telemática de hoxe e que para a nosa organización son básicos e que podedes ler no enlace da noticia.