Volver

Galicia Out 30, 2019

ANPE encérrase co resto de OOSS presentes na Mesa pola REDUCCIÓN DO HORARIO LECTIVO


WEB - ANPE xunto coas outras tres OOSS da Mesa Sectorial péchanse na Consellería da Educación para EXIXIR A NEGOCIACIÓN DA REDUCCIÓN DO HORARIO LECTIVO

Representantes das catro organizacións sindicais con presenza na Mesa Sectorial, CIG-Ensino, CCOO-Ensino, ANPE e FeSP-UGT acaban de iniciar esta mañá un peche nas instalacións da Consellaría de Educación logo de que a súa titular, Carmen Pomar, non respondera á petición incluída na carta conxunta que lle foi remitida o pasado 11 de outubro.

Na misiva solicitábase a apertura dunha negociación para recuperar o horario lectivo recortado por Feijóo con anterioridade ao RD 14/2012, que vén de ser derrogado polo goberno do Estado. En concreto, demandábase a volta aos 18 períodos lectivos máximos en secundaria e aos 21 en primaria, un dereito que xa recuperaron nestes intres outras 7 comunidades autónomas.

Os representantes sindicais teñen intención de permanecer en San Caetano até ser recibidos pola conselleira, malia que o secretario xeral técnico e o director xeral de Persoal se personaron nas dependencias de Educación para anunciar que non o vai facer.


#Acción sindical #Novas

Volver