ANPE di: NON á volta as aulas sen garantías sanitarias nin plan específico


12 Mai, 2020

NP - ANPE considera precipitada a volta do profesorado aos centros educativos sen unhas medidas sanitarias que garanticen a súa saúde e a do seu alumnado.

Ante a proposta do Ministerio de Educación da reincorporación do profesorado aos centros educativos na Fase II, ANPE insiste en que o profesorado e o alumado só poderían regresar aos centros educativos cunhas garantías sanitarias. Non é de recibo que a estas alturas non haxa un Plan de medidas específicas que recolla as condicións nas que voltaríamos ás aulas.

Non entendemos que neste momento da pandemia, co comenzo do desconfinamento, e sen saber ainda os resultados, se deba retomar a docencia. Poderíamos falar de si sería factible no caso específico de 2º Bacharelato pola proba da ABAU.

A función do profesorado é unha función EDUCATIVA, non é unha función asistencial polo que, son as Administracións as que deben buscar os medios de conciliación familiar que non pasen por utilizar os centros educativos como simples GARDERÍAS ou APARCAMENTO  de rapaces. 

Non entedemos como a estas alturas de curso escolar, sen garantías, sen estudios de avaliación dos posibles riscos para profesorado, alumnado e resto da comunidade educativa, haxa tanta urxencia para tomar esta medida canto menos, precipitada. 

Dende ANPE decimos: NON á volta ás aulas sen garantías nin medidas de protección sanitarias.

ANPE defenderá esta posición na videoconferencia do mércores pola tarde coa Conselleira.

Tod@s queremos voltar á "normalidade" que pasa por regresar aos nosos centros e co noso alumnado pero, non dunha maneira precipitada e improvisada.