Volver

Galicia Out 01, 2019

ANPE demanda á administración a Oferta de Emprego Público


WEB - ANPE GALICIA RECLAMA UNHA AMPLA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DOCENTE EN 2020.

 

ANPE, ante a inminente negociación dos presupostos do próximo ano en Galicia solicita, para 2020, unha importante convocatoria de prazas nas oposicións docentes na nosa comunidade autónoma xa que non é posible afrontar o mesmo ou superior  volume de traballo nos centros cunhas plantillas cada vez máis mermadas.

  Desde ANPE-GALICIA instamos á Administración a aprobar unha “ampla e suficiente” oferta de emprego público no ámbito da educación, como xa se está facendo noutras comunidades, co fin de aumentar a dotación de recursos humanos como factor esencial de calidade para lograr a mellora do rendemento escolar e a diminución da taxa de abandono escolar.

   A convocatoria de oposicións de 2020 debe posibilitar o ingreso dos xoves titulados e dos interinos e substitutos á docencia mediante un emprego estable como funcionarios. Nunha situación de desemprego e de crise, ANPE esixe unha  aposta por un ensino público de calidade, xa que é a mellor inversión que as Administracións poden facer para intentar saír da mesma.  

   Reclamamos tamén, desde ANPE, un rápido pronunciamento sobre a oferta de emprego de 2020 tanto en número de prazas como en especialidades a ofertar. Son moitos miles de opositores os que están pendentes de coñecela o antes posible co  fin de clarificar o seu futuro laboral máis inmediato iniciando unha preparación eficiente e eficaz.


#Acción sindical #Notas de Prensa

Volver