A Xunta amplia a validez do Chave 365 e habilita o restablecemento de contrasinais non presencial


07 Abr, 2020

WEBA Xunta amplía a validez do Chave 365 e habilita o restablecemento de contrasinais para este servizo a través de videoconferencia

Estas medias estarán vixentes mentres dure o estado de alarma para facilitar a xestión online coa administración

Para facilitar a xestión online dos cidadáns a Xunta vén de ampliar o período de validez do servizo Chave 365 a aqueles usuarios aos que lles expire durante o estado de alarma e polo tempo que dure o mesmo. Ademais, a Administración autonómica exime aos usuarios da obrigatoriedade de modificar anualmente a clave de acceso. As persoas ás que lles corresponda realizar este cambio durante a vixencia do estado de alarma poderán seguir utilizando o sistema mentres se manteña esta situación.

Como complemento ao anterior vén de establecerse un mecanismo non presencial para rexenerar as claves do Chave 365 a aqueles usuarios aos que se lles bloqueen durante o estado de alarma. O cidadá só terá que poñerse en contacto con teléfono de Atención e Información á Cidadanía 012, que o remitirá ao equipo de soporte correspondente que realizará unha videochamada para comprobar a identidade do usuario e proceder rexenerar as claves do seu Chave 365.

Canles online

A sede electrónica e as oficinas virtuais da Xunta son, nese momento, as portas de entrada á Administración na Rede para a xestión online. A súa dispoñibilidade é fundamental para garantir a relación telemática dos cidadáns coa Administración e a xestión daqueles trámites abertos nese momento, como a presentación de ERTES ou a solicitude de axudas como as de comedores escolares. 

Chave 365 é un sistema de claves concertadas a través do móbil que permite a xestión online sen ter que empregar o DNI electrónico ou os certificados dixitais.