Xornada presencial en Lugo: Primeiros auxilios


15 Xan, 2025

WEB - Xornada de formación presencial: Primeiros auxilios nos centros educativos

  • Datas: 21 e 22 de febreiro
  • Lugar: Salón de actos da Cárcere Vello de Lugo
  • LIGAZÓN á matrícula
  • Curso presencial homologado con 10 horas pola Consellería de Educación

Curso de formación do profesorado, que versará sobre Primeiros Auxilios, proporcionando formación e información tanto teórica como práctica ao profesorado, que vaia dende o Soporte Vital Básico a unhas breves nocións que axudarán aos docentes na atención a persoas enfermas ou accidentadas:

Coñecer os fundamentos básicos dos primeiros auxilios.
Saber aplicar as técnicas de Reanimación Cardio Pulmonar (R.C.P.).
Coñecer as técnicas básicas para poder actuar ante unha persoa con hemorraxia, ferida, queimadura ou con traumatismo.
Saber mobilizar correctamente a unha persoa ferida ou enferma.
Ser capaces de transmitir a cultura preventiva ao alumnado.

Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE Lugo