>> Prazo de reclamacións ata o 22 de novembro.
>> Resolución provisional de proxectos seleccionados
>> 1º As alegacións ou a renuncia á participación serán presentadas na sede electrónica mediante unha solicitude xenérica, a través do procedemento PR004A, que deberá identificarse co asunto “Proxectos de formación en centros”, na epígrafe “Asunto relacionado”. A solicitude dirixirase á Dirección Xeral de Formación Profesional da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. De ser o caso, poderase xuntar a documentación que se considere.
2º Deberase remitir unha copia dixitalizada desta documentación, así como do recibo da súa presentación, por correo electrónico, no prazo establecido, ao seguinte enderezo: sfp@edu.xunta.gal.
Para calquera dúbida ou aclaración, podes contactar con ANPE