WEB - Curso enliña homologado polo Ministerio de Educación: Uso didáctico e de xestión docente das diferentes apps de Google
>> Datas: do 1 ao 30 de decembro.
>> Este curso é válido para sexenios, oposicións a corpos docentes, concurso de traslados, bolsas de traballo e listas de interinos
O ecosistema de Google para Educación está a integrar a Intelixencia Artificial en todos os seus servizos. Gemini, o seu buque insignia, para a IA Xenerativa pódese integrar en múltiples experiencias de aprendizaxe. Pero tamén pode axudarche como docente a realizar actividades, deseñar situacións de aprendizaxe e escribir informes. Algunhas destas funcionalidades, integrámolas xa no curso recoñecido polo MEFPD.
>> Obxectivos
- Google Drive: Aprender a usar Google Drive como repositorio de documentos, incluíndo actas de reunións, programacións, relacións de actividades e documentos de titoría, todos compartidos con permisos de edición entre os usuarios correspondentes.
- Google Calendar: Familiarizarse co uso de Google Calendar para organizar e xestionar todos os eventos e actividades do centro.
- Google Sites: Crear e xestionar un sitio web dinámico do centro utilizando Google Sites, con toda a información organizada.
- Google Docs: Facilitar o traballo colaborativo do alumnado nos seus proxectos de grupo mediante o uso de Google Docs para crear e xestionar documentos, presentacións etc.
- Gmail: Explorar as funcionalidades de Gmail para crear contas de correo personalizadas co dominio do centro.
- Outras Apps: Coñecer outras aplicacións de Google e os seus usos, como Hangouts, Youtube e Gemini.
- Outros cursos que comezan en breve. Neste caso, recoñecidos pola Universidade de Nebrija: 24 - Situacións de aprendizaxe para docentes de Música 2025 - Uso educativo de JClic, Neobook, Hot Potatoes e WebQuest
Para calquera aclaración ou dúbida, contacta con ANPE : formacion.nacional@anpe.es