Erasmus +, KA1 e Proxectos e-Twinning
- Procedemento de recoñecemento
Os programas Erasmus+ son proxectos das organizacións educativas e serán os responsables da coordinación do proxecto ou convenio correspondente nos centros educativos, ou os representantes dos equipos directivos os responsables de solicitar o recoñecemento para todas as persoas docentes participantes desde ese centro nun proxecto concreto no curso académico actual.
A achega de documentación xustificativa será por vía electrónica segundo as instrucións que publique o Servizo de Programas de Formación no portal educativo.
A documentación acreditativa de participación en mobilidades por motivos de formación deberá facer constar o número de convenio, a denominación da mobilidade, a modalidade (observación, curso estruturado, docencia) as datas de inicio e finalización, as horas de duración, se procede, e o lugar de realización.
- Equivalencias en horas no Anexo I
Para calquera aclaración ou dúbida, contacta con ANPE