Volver

Prazo de presentación pechado
Galicia Abr 16, 2018 Mai 06, 2018

16/04/18 (DOG) - Orde de acceso ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas


DOG - ORDE do 20 de marzo de 2018 pola que se convoca procedemento de acceso ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas, nas especialidades vinculadas ás ensinanzas superiores de música.

Convócase procedemento selectivo de acceso, por concurso de méritos, para cubrir 105 prazas no corpo de catedráticos de Música e Artes Escénicas nas especialidades vinculadas ás ensinanzas superiores de música, no ámbito de xestión da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, coa desagregación por especialidades e quendas que a continuación se indican.

1. Requisitos.

3. Data de cumprimento dos requisitos.

Todos os requisitos enumerados anteriormente deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes e manterse ata o momento da toma de posesión como persoal funcionario de carreira do corpo de catedráticos de música e artes escénicas.

** As persoas que non poidan acreditar o coñecemento da lingua galega de acordo co establecido no parágrafo anterior poderán ser admitidas condicionalmente no concurso de méritos e deberán realizar unha proba.

Esta proba, que se realizará de forma escrita, terá lugar o día 8 de xuño de 2018, ás 18.00 horas, no IES As Fontiñas (rúa Estocolmo, 5, Santiago de Compostela), e consistirá na resposta a varias cuestións sobre o temario de lingua galega que figura como anexo III e nunha tradución do castelán ao galego.

Base cuarta. Acreditación da formación e capacidade de tutela nas investigacións propias das ensinanzas artísticas.

As solicitudes deberán cubrirse pola Internet a través da páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos http://www.edu.xunta.es/oposicions

No suposto de participar no concurso de méritos por máis dunha especialidade, presentarase unha instancia por cada especialidade en que se participa.

Recórdase que para acceder a este servizo web é preciso ter conta de correo electrónico no dominio edu.xunta.es polo que, as persoas que non a teñan, deberán solicitala a través da páxina web https://edu.xunta.es/contrausuario/

As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Os dereitos de exame serán os seguintes:  Corpo de catedráticos de música e artes escénicas: 41,56 €.

Reclamación contra a lista provisional: no prazo máximo de 5 días hábiles.

Contra a resolución que aprobe a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas, as persoas interesadas poderán formular recurso de alzada dirixido á persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación na páxina web.

De conformidade co establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 10, 14 e 46 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase recorrer potestativamente en reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou poderá formularse directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia


Fases del proceso
28/01/23 - Estimado recurso
27/07/20 - Estimado recurso administrativo
08/08/19 Nomeamento como Funcionarios de carreira
31/07/18 - Publicación de Destinos
23/07/18 - Publicación do Baremo Definitivo
05/07/18 - Publicación do Baremo Provisional
06/06/18 - Listado provisional de persoas admitidas e excluídas
05/06/18 - Corrección de erros
23/05/18 - Composición do Tribunal
07/05/18 - Corrección de erros


Oposicións

Volver