• Noticia nova

Curso 2026/27 - Concurso de traslados específico ORIENTACIÓN Mestres


26 Nov, 2026

DOG - ORDE do 17 de novembro de 2026 pola que se convoca concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes desta consellería (código de procedemento ED013A).

  • PARTICIPANTES: persoal funcionario de carreira ou funcionario en prácticas, persoal funcionario de carreira desta consellería que estea en comisión de servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, que estea adscrito a prazas no exterior e deba incorporarse ao ámbito territorial de xestión desta consellería no curso académico 2027/28, en situación de excedencia por coidado de familiares ou servizos especiais e en excedencia voluntaria concedida por esta consellería. Se se trata do suposto de excedencia voluntaria por interese particular recollida no artigo 173 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, só poderá participar se, ao finalizar o curso escolar en que se realice a convocatoria, transcorrese un ano desde que pasou a esta situación e dous anos desde que obtivo o destino definitivo en que lle foi concedida, de ser o caso, a excedencia.

  • PRAZO: 15 días hábiles (do 27 novembro ao 21 de decembro)

  • SOLICITUDE:  http://www.edu.xunta.gal/cxt
  •  VACANTES: anexo III e posibles resultas anexo IV

 

O persoal funcionario docente do corpo de mestres que estea participando simultaneamente nesta convocatoria e na do CXT e que obteña praza definitiva da xefatura do departamento de orientación, entenderase que renuncia á participación no concurso xeral (CXT).

 Poderase recorrer potestativamente en reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou poderá formularse directamente recurso contencioso-administrativo, perante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Para calquera aclaración ou dúbida, contacta con ANPE