• Noticia nova

Curso 2026/27 - Concurso de traslados específico ADULTOS


26 Nov, 2026

DOG - ORDE do 13 de novembro de 2026 pola que se convoca concurso de traslados específico entre o persoal docente funcionario de carreira do corpo de catedráticos de ensino secundario, o persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario e o persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres, para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas dependentes desta consellería.(código de procedemento ED013D)

  • Participantes: funcionarios/as de carreira dos corpos de: catedráticos, ensino secundario e mestres así como, funcionarios/as en prácticas.
  • En Educación infantil, Primaria, Ciencias Sociais –Xeografía e Historia– do corpo de mestres, nas de Xeografía e Historia, Bioloxía e Xeoloxía e en todas as especialidades do corpo de profesores de ensino secundario referentes á FP, será requisito imprescindible posuír o certificado de lingua galega  ou equivalencias e, polo tanto, marcar nas peticións: VERNÁCULO > galego; para o resto de especialidades marcar "sen requisito lingüístico"
  • Prazo de 15 días hábiles (do 27 de novembro ao 21 de decembro)
  • Vacantes: anexo II
  • SOLICITUDES:  a través de www.edu.xunta.gal/cxt

 

 

Para calquera aclaración ou dúbida, contacta con ANPE

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun mes ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, perante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

.