Este Real Decreto-lei modifica os artigos 48 e 49 do Estatuto Básico do Empregado Público. Estas son las principais novidades:
- Increméntase a duración do permiso por falecemento de familiar. Cando se trate do cónxuxe, parella de feito ou familiar de primeiro grao de consanguinidade, será de dez días hábiles. Se se trata dun familiar de primeiro grao de afinidade ou de segundo grao de consanguinidade ou afinidade, o permiso será de tres días hábiles ou cinco días hábiles se é en distinta localidade. Este permiso poderá iniciarse en calquera momento dentro de las catro semanas posteriores ao falecemento, e desfrutalo de forma descontinua no mesmo prazo, sempre que as necesidades do servizo o permitan.
- Inclúese de forma expresa a atención en coidados paliativos dentro do dereito de redución de xornada por coidado de familiar, incluíndo ao familiar consanguíneo da parella de feito.
- Engádese como permiso o día en que se practique a prestación de axuda a morrer, para as persoas designadas para acompañar.
- Amplíase a duración total o permiso por nacemento, adopción, garda e acollemento a 20 semanas para cada proxenitor. No suposto de familias monoparentais a duración será de 34 semanas. Dentro desta ampliación, o tramo que pode desfrutarse ata que o menor cumpre 8 anos é o que se incrementa a tres semanas. Detállase expresamente que para o desfrute dos períodos ininterrompidos do permiso por nacemento débese avisar con 15 días de antelación.
O presente real decreto-lei entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no «Boletín oficial del Estado».