• Noticia nova

Temario da fase de oposición de acceso ao Cuerpo de Inspectores de Educación.


17 Set, 2026

BOE - Orde EFD/968/2026, do 14 de setembro, pola que se aproba o temario da fase de oposición do procedemento selectivo de acceso ao Cuerpo de Inspectores de Educación.

  • O temario referirase as competencias profesionais e coñecementos propios e específicos da función inspectora e terá dous partes diferenciadas: A e B

- A parte A responde a unha configuración común, transversal e xeral, orientada ao coñecemento global do sistema educativo español non universitario, dos seus principios, fins, estrutura, organización e avaliación, así como dos marcos xurídicos, pedagóxicos, institucionais, europeos e internacionais que inciden na educación e na función inspectora. Anexo I

- A parte B responde a unha configuración específica, aplicada e contextualizada dos contidos, en particular en relación cos distintos ensinos, etapas, centros, servizos, procedementos, plans, programas e actuacións da inspección educativa no ámbito territorial da administración educativa convocante. Anexo II

Aos temas da parte B recollidos no anexo II as Administracións educativas poderán engadir ata un máximo de 15 temas máis relacionados coa estrutura e o funcionamento dos órganos da inspección educativa, así como coa organización administrativa. Estes temas engadidos deberán referirse á estrutura e funcionamento dos órganos da inspección educativa e á organización administrativa da administración educativa convocante, incluíndo, no seu caso, os procedementos, centros, servizos, programas ou actuacións propias do seu ámbito competencial.

Queda derrogada a Orde EDU/3429/2009, do 11 de decembro, pola que se aproba o temario da fase de oposición do procedemento selectivo de acceso ao Cuerpo de Inspectores de Educación.