• Noticia nova

Calendario para elección membros de Consellos Escolares


04 Set, 2026

DOG - RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2026, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para realizar eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos

NOVIDADE: co obxecto de fomentar a participación das familias na elección das súas persoas representantes no consello escolar, habilítase, nesta convocatoria, unha nova modalidade de votación telemática non presencial a través do espazo Abalar.

1. Renovación parcial dos consellos escolares

  • Xunta electoral: entre o 20 e o 26 de outubro de 2026.
  • Presentación de candidaturas: mínimo 7 días naturais.
  • Votación presencial: entre o 23 e o 27 de novembro de 2026.
  • Voto telemático das familias (Abalar):
    • Desde as 00:00 h do 11 de novembro
    • Ata as 23:59 h do 17 de novembro
  • Os centros que iniciaron actividade en 2024/25 ou 2025/26 realizan agora a súa primeira renovación.

  2. Centros que comezan a funcionar en 2026/27

  • Xunta electoral: do 28 de setembro ao 2 de outubro.
  • Candidaturas: mínimo 7 días naturais.
  • Votación presencial: do 19 ao 23 de outubro.
  • Voto telemático das familias (Abalar):
    • Do 7 ao 13 de outubro.
  • A primeira renovación destes consellos será en 2028

 3. Aspectos importantes

  • O número de membros a renovar determínase segundo a normativa dos correspondentes regulamentos orgánicos.
  • O número de membros do consello escolar adaptarase ao número de unidades do centro en cada renovación.
  • As persoas que necesiten permiso laboral para participar nas eleccións estarán ao previsto no art. 117 da Lei 2/2015 de emprego público de Galicia.
  • Os días de elección non poderán declararse non lectivos

 4. Voto telemático das familias

  • A votación realízase a través de espazo Abalar.
  • Se unha persoa vota telematicamente, non pode posteriormente votar presencialmente nin modificar o voto emitido

 5. Actas e seguimento

  • Utilizarase o modelo de acta incluído no Anexo I.
  • A dirección deberá enviar o informe de seguimento (Anexo II) ao servizo territorial de Inspección Educativa antes do 16 de decembro de 2026

 

Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE