-
A dirección designará a persoa coordinadora da biblioteca escolar por un período mínimo de dous anos, dando prioridade á súa formación específica, experiencia, interese e dispoñibilidade horaria. Esta desenvolverá as súas funcións baixo a coordinación da xefatura de estudos.
-
A dirección consignará dito nomeamento na aplicación de “persoal centros” e calquera modificación posterior deberá ser actualizada.
-
As sesións asignadas á persoa coordinadora e ao profesorado do equipo de apoio terán a consideración de tempo de traballo efectivo dedicado á biblioteca escolar.
Sempre que a organización do centro o permita, concentraranse as sesións asignadas aoequipo da biblioteca e favorecerase a coordinación entre os seus membros.