- Anexo coa relación de persoas aspirantes que superaron o procedemento de acceso ordenados por corpo, especialidade, quenda e número de orde.
- Os destinos que obteñan as persoas opositoras terán carácter provisional, polo que estarán obrigadas a participar, no seu momento, nos concursos de traslados que se convoquen ata obter un destino definitivo dentro do ámbito de xestión directa desta consellería.
- As persoas opositoras deberán presentar pola sede electrónica da Xunta de Galicia ➡️ (https://sede.xunta.gal: ED001A), dirixida á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a documentación que se relaciona na base 18.1 da Orde do 18 de febreiro de 2026, no prazo de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
a) Certificado médico acreditativo de non padecer ningunha enfermidade nin estar afectado ou afectada por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co exercicio da docencia.
A persoa aspirante que fixese valer a súa condición de persoa con discapacidade deberá, se non o fixo anteriormente, presentar certificación dos órganos competentes da Consellería de Política Social que acredite tal condición, e tamén terá que presentar certificado dos citados órganos ou da Administración sanitaria, acreditativo da compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes.
b) Declaración responsable - anexo X (ED001A)
c) Certificado de non ter antecedentes por delitos sexuais, só no caso de non prestar consentimento expreso á consulta de datos do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais na solicitude de participación
- As persoas opositoras seleccionadas que non se incorporen ao destino provisional adxudicado, entenderase que renuncian ao procedemento.
Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase recorrer potestativamente en reposición ante o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, ou poderá formularse directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG.
Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE