Cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, CELGA


23 Xun, 2026

DOG - Resolución do 12 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso académico 2026/27.

  • As datas de inicio e remate dos cursos que figuran no anexo II son orientativas. As datas concretas faranse públicas nos taboleiros de anuncios e na páxina web da escola oficial de idiomas en que terá lugar o curso.
  • Cada curso terá unha duración de 60 horas presenciais. 
  • A realización do curso non dará dereito a ningún tipo de certificación, por tratarse dun curso preparatorio para as probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega Celga. Estas probas convócaas dúas veces ao ano a Secretaría Xeral da Lingua e, de seren superadas, darán dereito á expedición dos correspondentes certificados por parte da dita secretaría xeral.
  • PRAZO: 

    – Desde o 29 de xuño ata o 10 de xullo de 2026, para os cursos do primeiro cuadrimestre.

    – Desde o do 2 ao 13 de novembro de 2026, para os cursos do segundo cuadrimestre.

​01/07/26 -  CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 12 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso académico 2026/27

Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE